PORTAL DE TRANSPARENCIA
OBXECTIVOS
Obxectivos estratéxicos
Cooperar local e globalmente en alianzas para incidencia social e política “pobo a pobo”.
Obxectivo xeral
Contribuír ao fortalecemento de procesos emancipatorios dos suxeitos e movementos sociais nos que participamos e cos que cooperamos nos tres eixes temáticos: xustiza, soberanías i feminismos.
Obxectivos específicos por liñas temáticas
Promover procesos de incidencia social e política de organizacións de mulleres e do movemento feminista.
Promover procesos de construción de soberanía popular dende as comunidades, organizacións e movementos sociais fronte á crise global e ao crecente dominio político, económico e social das grandes corporacións e entidades financeiras multinacionais.
Promover os movementos locais e internacionais de defensa das xustizas e os dereitos humanos, económicos, sociais, culturais e ambientais.
ÁMBITOS DE ACCIÓN | LIÑAS TEMÁTICAS E TRANSVERSAIS | |
---|---|---|
INTERVENCIÓN | Cooperación solidaria ⇓⇑ Sensibilización, educación, incidencia política, movementos sociais |
FEMINISMOS
XUSTIZAS SOBERANIAS |
ASOCIACIÓN | Fortalecemento organizativo |
ESTATUTOS E ACTA CONSTITUCIONAL
DOCUMENTO ESTRATÉXICO
Se queres coñecer un pouco máis a fondo as nosas liñas de traballo e a súa fundamentación, podes consultar o documento ENTREPOBOS: PRINCIPIOS, CRITERIOS E OBXECTIVOS DA NOSA ACCIÓN SOLIDARIA, 2023 a 2027.
Este documento é froito dun proceso de dinámicas participativas nas que nos temos implicado dende 2013 (a partir dos importantes cambios no contexto social e nas políticas de cooperación) e ata a Asemblea de 2022, as Organizacións territoriais de Entrepobos, a Xunta Directiva, a Oficina Técnica e as e os cooperantes sobre o terreo.
MEMORIAS
Seguindo as normativas voluntarias de transparencia e bo goberno establecidas na Coordinadora de ONG, presentamos nesta páxina as memorias anuais de Entrepobos dos 3 últimos anos. Nestas memorias podes atopar información exhaustiva das actividades e campañas nas que temos traballado, as accións de cooperación internacional que temos apoiado, as institucións públicas e colectivos sociais que colaboraron, así como o balance económico, acompañado do informe da auditoría externa.
Indo un pouco máis alá neste compromiso de transparencia, tamén poderás ver nesta páxina o documento completo da auditoría externa do último exercicio.
AUDITORÍAS
Entrepobos conta con aportacións económicas que se nos confiaron para destinalas a proxectos concretos (fondos finalistas), como poden ser as subvencións, as campañas de emerxencias e o financiamento por vía directa. Nestes casos, a nosa organización comprométese a informar sobre o destino destes fondos segundo se estipule en cada caso cos financiadores en cuestión, e sempre dende os valores de transparencia, responsabilidade e rendición de contas que nos caracterizan como organización.
AVALIACIÓN DO PROXECTO
A efectos de transparencia e xeración de procesos de aprendizaxe, compartimos os nosos informes de avaliación do proxecto.
CONTAS
Distribución de ingresos 2022
Cotas socios/as | 86.681,36 | ||
Cotas socios/as | 2,16 % | 76.405,89 | |
---|---|---|---|
Doazóns | 0,29% | 10.275,47 | |
Subvencións a proxectos | 2.856.375,76 | ||
Subvencións a proxectos | 80,82% | 2.856.375,76 | |
Subvenciones a estructura | 589.448,11 | ||
Subvenciones a estructura | 16,68% | 589.448,11 | |
Ingresos financeiros | 1.758,10 | ||
Ingresos financeiros | 0,05% | 1.758,10 | |
TOTAL | 3.534.263,33 |
Distribución de gastos 2022
Gastos a proxectos de cooperación | 77% | 2.620.454,87 | |
---|---|---|---|
Gastos a proxectos de sensibilización | 7% | 235.920,89 | |
Gastos de administración e funcionamento | 16% | 543.418,30 | |
TOTAL | 3.399.794,06 |
CÓDIGOS ÉTICOS SUBSCRITOS
Á parte dos criterios e principios establecidos na nosa propia estratexia, Entrepobos asume os códigos éticos que subscribiron as Coordinadoras de ONGD das que formamos parte.
PÁXINAS
CONTACTO
Carrer d’en Blanco, 73 1º pis
BARCELONA – 08028
c +34 93 268 33 66 – +34 690 743 407
Proxecto web financiado por: