O NOSO ENFOQUE
Promovemos alternativas para o sostemento da vida. Incidimos na crítica ao modelo de sociedade capitalista, denunciando as causas que xeran o empobrecemento, as inequidades e a degradación ambiental.
Fomentamos o internacionalismo promovendo redes e alianzas para o empoderamento social e a incidencia dende os movementos sociais, a reflexión-acción emancipadora, nos ámbitos de feminismos, soberanías e xustizas, cun enfoque local-global.
O primeiro requisito da Solidariedade é a implicación en conseguir transformacións no noso propio contorno
FEMINISMOS |
SOBERANÍAS |
DEREITOS E XUSTIZAS |
---|---|---|
Por unha vida libre de violencias. Os nosos corpos, as nosas identidades. Polo sostemento da vida. |
Ecoloxismo social. Economía social e solidaria. Soberanía alimentaria e Defensa do territorio. Fronte a impunidade de empresas transnacionais e os Tratados comerciais. |
Protección a defensoras-es de DD.HH. Migracións, refuxio e dereitos sociais. Pobos indíxenas. Memoria histórica. |
FEMINISMOS |
Por unha vida libre de violencias. Os nosos corpos, as nosas identidades. Polo sostemento da vida. |
---|---|
SOBERANÍAS |
Ecoloxismo social. Economía social e solidaria. Soberanía alimentaria e Defensa do territorio. Fronte a impunidade de empresas transnacionais e os Tratados comerciais. |
DEREITOS E XUSTIZAS |
Protección a defensoras-es de DD.HH. Migracións, refuxio e dereitos sociais. Pobos indíxenas. Memoria histórica. |
Apostamos pola “cooperación na cooperación” cuns obxectivos comúns de equidade, xustiza e sostibilidade.
Formamos alianzas e redes de apoio mutuo con organizacións afíns, feministas, ecoloxistas, populares, campesiñas, indíxenas en todo o mundo, principalmente, en territorios de América Latina e no noso territorio, na procura de alternativas ao modelo de desenvolvemento hexemónico.
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
Nos países onde cooperamos, apoiámonos e traballamos con entidades comprometidas socialmente, transformadoras e activamente críticas coa súa propia sociedade, xeradoras de espazos sociais participativos, con campos e liñas de actuación coincidentes coas nosas propias liñas de traballo, coas que queremos construír relacións igualitarias, bidireccionais e de apoio mutuo.
A través deste traballo de Cooperación Solidaria, viñemos acompañando moitos e variados procesos de transformación social, primeiro en Centroamérica, despois en Cuba, na zona andina , en Marrocos e en Brasil en apoio do MST, así como a solidariedade coa nosa fronteira Sur.
Tamén nos incorporamos a redes internacionais de incidencia social e política, contra o poder das transnacionais, os tratados de comercio e investimento en curso, as políticas migratorias da UE e os seus estados membros, pola soberanía alimentaria, o internacionalismo feminista, etc.
COOPERACIÓN ESTATAL
Entrepobos tamén forma parte de plataformas de ámbito estatal no eido dos movementos feministas, pola soberanía alimentaria, contra os tratados de comercio e investimento, pola banca e as finanzas éticas e da incidencia nas políticas de cooperación.
Nos nosos territorios colaboramos con outras entidades, colectivos e movementos sociais, coas que temos puntos de vista e acción comúns. Establecemos alianzas, xeitos de colaboración mutua e plataformas de acción con outras organizacións de aquí. Nalgunhas ocasións mediante alianzas estables e xerais, mentres que noutros casos consisten en acordos específicos de colaboración por temática ou por país. Apostamos pola “cooperación na cooperación” e resistímonos a entrar nas dinámicas competitivas.
Sabemos que as organizacións locais son as que mellor coñecen as respostas e os camiños da emancipación dos seus pobos.
PÁXINAS
CONTACTO
Carrer d’en Blanco, 73 1º pis
BARCELONA – 08028
c +34 93 268 33 66 – +34 690 743 407
Proxecto web financiado por: