COMO NOS ORGANIZAMOS
BASE SOCIAL
ENTREPOBOS somos unha asociación de cooperación internacional, con base social activista en varias Comunidades Autónomas do Estado Español. Actualmente máis de mil catrocentos socios e socias forman parte da nosa base social (un 60% aproximadamente mulleres).
A participación desta base social no traballo cotidián de Entrepobos é aberta, directa e democrática, canalizándose a través das nosas Organizacións Territoriais nas súas actividades locais e nas asembleas periódicas. Entendemos que esta actividade voluntaria dunha parte significativa da nosa base social é un dos principais fundamentos, sen os que non ten sentido unha organización como a nosa, e por iso nos definimos en primeiro lugar como unha asociación.
Somos unha organización aberta, inclusiva, plural, atenta a todos os puntos de vista dos que loitan pola transformación social, pero orgánica e politicamente independente.
Contamos ademais co apoio dun bo número de colectivos sociais que se identifican co xeito no que Entrepobos entende a solidariedade e a cooperación, cos que colaboramos mutuamente.
Evolución
2022
2021
2020
2019
2018
2017
Porcentaxe por comunidades autónomas
- Andalucía – 5,44%
- Aragón – 1,32%
- Asturies – 1,46%
- Cantabria – 0,98%
- Castilla la Mancha – 3,15%
- Castilla y León – 21,13%
- Catalunya – 23,64%
- Euskal Herria – 1,26%
- Extremadura – 0,18%
- Galícia – 6,14%
- Illes Balears – 2,09%
- Islas Canarias – 0,21%
- La Rioja – 1,05%
- Madrid – 6,35%
- Murcia – 7,60%
- Navarra – 0,21%
- Otros países – 0,49%
- País Valencià – 17,29%
ASEMBLEA
Dela forman parte todas as persoas asociadas, é o órgano de máxima decisión da Asociación, nela xéranse procesos de reflexión, debate e acordos colectivos de todos os temas que presidirán o día a día da nosa actividade durante o ano seguinte.
XUNTA DIRECTIVA
Entre as nosas asembleas anuais funciona unha Xunta Directiva composta polo Presidente/a, Secretario/a xeral e Tesoureiro/a, ademais das portavocías que cada organización territorial propón para a súa representación.
A Xunta Directiva é elixida anualmente pola Asemblea Xeral. Será renovada na súa totalidade no prazo de dous anos, podendo ser reelixibles indefinidamente.
Composición da Xunta Directiva 2023
Na Asemblea Xeral convocada e celebrada presencialmente o día 14 de maio de 2023 adoptouse por unanimidade renovar a Xunta Directiva cos cargos que se indican a continuación:
Presidencia Honorífica: | José María Valverde |
Presidencia: | Joana Maria Perelló Vallespir |
Secretaría: | Mercedes Lois Cabello |
Tesorería: | Mª Dolores García Sánchez |
Vocalías: | Olga Abad Gil
Isabel Álvarez Fernández Jésica Amador Orozco Gonçal Barrios Sanromà Montserrat Benito Soriano Fernando Cabrejas del Campo Jaume Canals Piñol Alejandro Guillamon Lloret Israel Morales Benito Práxedes Muñoz Sánchez Mª José Pereda Riguera Antonio Urbina Yeregui |
A efectos da Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno da Coordinadora ONGD España (indicador TR 1.2), indicamos que na Xunta Directiva de Entrepobos non se dá o caso de que máis do 40% dos seus membros ostenten cargo noutras institucións.
O desempeño do cargo de membro da Xunta Directiva ou doutras funcións representativas da Asociación ten carácter gratuíto.
A Xunta Directiva reúnese 6 ou 7 veces ao ano.
Trátanse temas e adóptanse acordos sobre estrutura, contas, auditorías, memorias, comisións de traballo, asembleas nas redes e plataformas nas que participamos. Organízanse e valóranse as asembleas e encontros estatais. Infórmase sobre a xestión, proxectos e convenios de cooperación e sensibilización, a organización de xiras, xornadas, presentacións, publicacións, talleres, sobre temas relacionados con comunicación. Valóranse as actividades realizadas nas OTs.
Oficina técnica
Temos unha Oficina técnica con persoal profesional encargado das áreas de proxectos de cooperación, educación, comunicación e incidencia e administración. A nosa Asemblea Xeral marca as liñas de traballo e a Xunta Directiva realiza o seguimento permanente da oficina técnica. Neste ámbito temos como normas a austeridade e a eficiencia no emprego dos recursos humanos e técnicos; o funcionamento democrático e en equipo na xestión; e unhas condicións laborais coherentes cos nosos principios, no tocante a dereitos laborais e á equidade de xénero.
Os e as cooperantes que nos representan sobre o terreo coordínanse a través da oficina técnica, cos mesmos criterios, pero atendendo tamén ás especiais circunstancias en que desempeñan o seu traballo.
A xestión económica é transparente, sometida a unha auditoría externa, o seu seguimento realízase periodicamente pola Xunta Directiva e difúndese na nosa memoria anual.
ASOCIACIÓN | ||
---|---|---|
Organizacións territoriais | Asemblea | Xunta directiva |
OFICINA TÉCNICA | ||
---|---|---|
Coordinación técnica | ||
Área de Cooperación | Área de Educación Emancipatoria | Área administración |
Xestión Proxectos RRPP |
Tec. Educación Tec. Comunicación |
Resp. Finanzas Tec. Administración |
Aux. Administrativo |
Equipo técnico
EQUIPO TÉCNICO 2023 | |
---|---|
Sede | 17 |
Cooperantes | 5 |
Total | 22 |
TÁBOA SALARIAL 2023 | |
---|---|
Categoría Entrepobos | Bruto anual |
Coordinación Técnica | 33.618,60 |
Responsable administración | 31.547,84 |
Técnica/o de proyectos | 29.477,07 |
Administración | 29.477,07 |
Auxiliar administración | 23.752,82 |
Cooperante | 23.977,99 |
*Importes calculados a xornada completa |
PÁXINAS
CONTACTO
Carrer d’en Blanco, 73 1º pis
BARCELONA – 08028
c +34 93 268 33 66 – +34 690 743 407
Proxecto web financiado por: