PORTAL DE TRANSPARENCIA
OBXECTIVOS
Obxectivos estratéxicos
Cooperando local e globalmente en alianzas para incidencia social e política “pobo a pobo”.
Obxectivo Xeral
Contribuír ao fortalecemento de procesos emancipatorios dos suxeitos e movementos sociais nos que participamos e cos que cooperamos nos tres eixes temáticos.
Obxectivos específicos por liñas temáticas
Promover procesos de incidencia social e política de organizacións de mulleres e do movemento feminista.
Promover procesos de construción de soberanía popular dende as comunidades, organizacións e movementos sociais fronte á crise global e ao crecente dominio político, económico e social das grandes corporacións e entidades financeiras multinacionais.
Promover os movementos locais e internacionais de defensa das xustizas e os dereitos humanos, económicos, sociais, culturais e ambientais.
ÁMBITOS DE ACCIÓN | LIÑAS TEMÁTICAS E TRANSVERSAIS | |
---|---|---|
INTERVENCIÓN | Cooperación solidaria ⇓⇑ Sensibilización, educación, incidencia política, movementos sociais |
FEMINISMOS
XUSTIZAS SOBERANIAS |
ASOCIACIÓN | Fortalecemento organizativo |
ESTATUTOS E ACTA CONSTITUCIONAL
DOCUMENTO ESTRATÉXICO
Se queres coñecer un pouco máis a fondo as nosas liñas de traballo e a súa fundamentación, podes consultar o documento ENTREPOBOS: PRINCIPIOS, CRITERIOS E OBXECTIVOS DA NOSA ACCIÓN SOLIDARIA, 2016 a 2020.
Este documento é froito dun proceso de dinámicas participativas nas que nos temos implicado dende 2013 (a partir dos importantes cambios no contexto social e nas políticas de cooperación) e ata a Asemblea de 2016, as Organizacións territoriais de Entrepobos, a Xunta Directiva, a Oficina Técnica e as e os cooperantes sobre o terreo.
MEMORIAS
Seguindo as normativas voluntarias de transparencia e bo goberno establecidas na Coordinadora de ONG, presentamos nesta páxina as memorias anuais de Entrepobos dos 3 últimos anos. Nestas memorias podes atopar información exhaustiva das actividades e campañas nas que temos traballado, as accións de cooperación internacional que temos apoiado, as institucións públicas e colectivos sociais que colaboraron, así como o balance económico, acompañado do informe da auditoría externa.
Indo un pouco máis alá neste compromiso de transparencia, tamén poderás ver nesta páxina o documento completo da auditoría externa do último exercicio.
AUDITORÍAS
Entrepobos conta con aportacións económicas que se nos confiaron para destinalas a proxectos concretos (fondos finalistas), como poden ser as subvencións, as campañas de emerxencias e o financiamento por vía directa. Nestes casos, a nosa organización comprométese a informar sobre o destino destes fondos segundo se estipule en cada caso cos financiadores en cuestión, e sempre dende os valores de transparencia, responsabilidade e rendición de contas que nos caracterizan como organización.
AVALIACIÓN DO PROXECTO
A efectos de transparencia e xeración de procesos de aprendizaxe, compartimos os nosos informes de avaliación do proxecto.
CONTAS
Distribución de ingresos
Cotas socios/as | 163.514,51 | ||
Cotas socios/as | 3,08% | 80.182,74 | |
---|---|---|---|
Doazóns | 3,20% | 83.331,77 | |
Subvencións a proxectos | 2.191.488,11 | ||
Subvencións a proxectos | 84,28% | 2.191.488,11 | |
Subvenciones a estructura | 244.537,89 | ||
Subvenciones a estructura | 9,40% | 244.537,89 | |
Ingresos financeiros | 694,20 | ||
Ingresos financeiros | 0,03% | 694,20 | |
TOTAL | 2.600.234,71 |
Distribución de gastos
Gastos a proxectos de cooperación | 74,96% | 1.948.513,50 | |
---|---|---|---|
Gastos a proxectos de educación | 10,22% | 265.773,78 | |
Gastos de administración e funcionamento | 14,82% | 385.205,52 | |
TOTAL | 2.599.492,80 |
CÓDIGOS ÉTICOS SUBSCRITOS
Á parte dos criterios e principios establecidos na nosa propia estratexia, Entrepobos asume os códigos éticos que subscribiron as Coordinadoras de ONGD das que formamos parte.
PÁXINAS
CONTACTO
Av. Meridiana 30-32, entl. 2º B
BARCELONA – 08018
c +34 93 268 33 66 – +34 690 743 407
f +34 93 268 49 13
Proxecto web financiado por: