De movemento de solidariedade a Entrepobos

Núria Roig a El Salvador, 1992

A única vantaxe que ten facelo con tantos años de distancia é lembralo co pensamento e as expresións que usabamos naquel entón; iso si, estou escribindo con ordenador e, naqueles tempos,, cando EP empezaba a camiñar, tecleaba cunha máquina de escribir. Dito isto, fareivos catro pinceladas de dous temas: un, de onde vimos e por que creamos unha ONG; e dous, as raíces de EP, humanas, organizativas e filosóficas.

Viñamos dos comités de solidariedade e das coordinadoras locais e estatais. Dende a Revolución Popular Sandinista do 1979 e durante os anos 80, principalmente, creáronse comités de solidariedade sobre todo con Nicaragua e, non tan numerosos, cos movementos de liberación de O Salvador e Guatemala. Formáronse moitísimos, en barrios, centros de traballo e sindicatos, vilas pequenas e grandes; teceuse unha rede impresionante que alentaba a coordinación e as campañas conxuntas. Eran pobos amigos loitando por un mundo mellor, e nós queriamos estar ao seu lado, e mesmo, bastante xente traballamos alí: un ano, dous, tres, ou en brigadas internacionais de verán. Coñeciamos o territorio, as paisaxes, a moita xente; nós iamos e moitas persoas de alá viñeron tamén.

Entendiamos a solidariedade internacional como a causa común, a amizade e o irmanamento entre pobos que loitan pola liberdade, como o apoio mutuo ás loitas pola liberación popular, como o acompañamento aos movementos revolucionarios, sobre todo de América Latina. Lembro o local da coordinadora catalá, austero e humilde, sempre repleto de xente e de fume. Lembro o local da coordinadora estatal no que, durante uns anos, nos atopabamos case cada mes xente de todas partes. Lembro as campañas «100 millóns para Nicaragua!» e «Nicaragua ten que sobrevivir», o concerto «Nicaragua Rock» que encheu o Palau Sant Jordi de Barcelona, as paradas para informar e vender chapas ou libros, as manifestacións contra o imperialismo, as xornadas, os debates, o envío de brigadistas, o financiamento de pequenos proxectos, as idas á radio, os escritos en revistas… Queriamos con todo iso contribuír a romper a injusta orde económica internacional, o intercambio desigual, queríamos cambiar o mundo.

A medida que pasaban os anos, outras institucións se foron engadindo: por una banda, concellos que se xuntaban con vilas ou cidades –sobre todo niques–, e doutra, se formaban novas ONG no momento no que en Nicaragua se creaba o Ministerio de Cooperación Externa para pór orde e dar prioridades a todos os proxectos que se financiaban con aportacións solidarias; á vez tamén aquí moitas administracións públicas comezaban a destinar recursos económicos para as ONG. Os comités de solidariedade non quixemos ser alleos a esta nova situación e decidimos falar. Creouse una comisión en Catalunya para estudar o tema, documentos arriba e abaixo, discusións en pequenos comités e nas coordinadoras: que pasara cos proxectos de solidariedade, como podiamos acceder a máis recursos e facer un mellor seguemento dos proxectos en marcha, como  podiamos reforzar os dous eixos de traballo: cooperación e sensibilización, contrainformación e denuncia.

Finalmente, a coordinadora estatal de solidariedade con Nicaragua, en novembro de 1997, deu o visto e prace para crear unha ONG solidaria. As coordinadoras locais aportaron o diñeiro inicial para empezar a singradura e decidiuse que unha persoa traballara: era unha responsabilidade enorme para min. Os últimos meses do 97 xa atopáramos un nome –que reflectía o que queriamos ser– e tiñamos redactado uns estatutos, que en decembro do 97 entraron ao rexistro de asociacións.

Xaneiro de 1988, Entrepobos tiña unha páxina en branco por encher, todo era novo e tíñanse que empezar os alicerces. Non comezamos con proxectos, de ningún xeito, empezamos creando a entidade, a base organizativa. Buscamos persoas para formar a Xunta directiva –provenientes da solidariedade e novas–, queriamos algunhas de persoas coñecidas que nos abriran portas; J. M. Valverde aceptou a presidencia. A primeira Xunta era entusiasta e traballadora. Reuniamonos a cotío. Impulsamos a creación das comisións de apoio en todo o territorio: trens arriba e abaixo para falar coa xente, para animar. Buscamos socias e socios fundadores ata debaixo das pedras; pensamos un logotipo que nos representase; redactamos os primeiros trípticos para darnos a coñecer, buscamos un pequeno local de referencia. Despois duns meses empezamos a facer as presentacións públicas, a primeira e colectiva en Madrid, en xullo do 88 nun bar coñecido. Aínda estaban con nós algúns compañeiros que nos deixaron logo de máis: Anna Ros, do País Valenciano; Pepo Montserrat, de Aragón; Diamantino García, de Sierra Sur (Sevilla) e Fernando Salas, de Madrid. Máis trens arriba e abaixo: Sevilla, Valladolid, Redondela, Murcia, Albacete, Granada, Burgos e un longo etcétera, para crear as comisións territoriais, para facer presentacións e, máis adiante, para participar en mesas redondas e xornadas.

En segundo lugar profundizamos no tema, que é a cooperación solidaria, que é a cooperación e a educación para o desenvolvemento. Tiñamos que atopar un discurso e un pensamento propio. Lemos, reunímonos con outras ONG e empezamos a viaxar a Centroamérica. Como solidariedade coñeciamos bastante os movementos sociais daqueles pobos, como a ONG principiante naqueles anos, tivemos que recoñecer e coñecer as ONG que serían as nosas contrapartes. Xusto é dicir que, non tanto en Nicaragua, pero si n’ O Salvador e Guatemala, as ONG locais constitúense ao mesmo tempo que nós, alá tamén entenderon que unha entidade constituída como organización non gubernamental tería máis posibilidades de canalizar recursos económicos.

Na primeira viaxe en Centroamérica, en xullo do 88, tivemos a ocasión de reunírmonos, por primeira vez, co Comité Nicaraguano de Solidariedade cos Pobos (Patricia Elvir); co Ministerio de Cooperación Externa (Lesbia Morales); co Instituto da Muller; coa Oficina de Promoción e Desenvolvemento da Costa Atlántica ou co Instituto de Reforma Agraria, INRA; e tamén coñecemos, entre outros, REDES, n’O Salvador ou a Igrexa de Guatemala no Exilio. Curiosamente con estos últimos desenvolvemos o noso primeiro proxecto importante e enviamos as primeiras cooperantes, médicas, aos campamentos de refuxiados guatemaltecos en Quintana Roo, México, para formar promotores e promotoras de saúde.

E pensamos e escribimos moito, moitísimos:documentos de debate, para as xuntas, para as asembleas, para os boletíns, para os trípticos e para as comparecencias públicas. Falamos de comprender a situación política dos países nos que traballamos; falamos de que os proxectos impulsen a participación popular; falamos de basearnos nunhas relacións entre iguais; falamos de autoavaliarnos e ir mellorando progresivamente; falamos de velar pola nosa autonomía e non permitir condicionantes dos portadores de recursos; falamos das tarefas centralizadas e das que non o serían; falamos das clases populares, das mulleres… e a lista sigue.

Xaneiro de 1992, catro anos despois de poñer a primeira pedra, EP tiña case un milleiro de socios e socias, unhas comisións de apoio fortes en todo o territorio peninsular, algúns proxectos en marcha, proxección pública e a mellor substituta, Gabriela Serra, que había poucos meses que volvera de Guatemala e que non dubidou en aceptar o retoE non esquezamos, está claro, a Helena Porteros. Unha aperta a todo o mundo e os meus parabéns polo traballo feito.