Guía didáctica “Emerxencia climática”

Proposta pedagóxica elaborada por Entrepobos e Edualter para abordar a emerxencia climática dende a complexidade, a partir de diversas linguaxes e miradas, procurando transversalizar a temática nos diferentes ámbitos e esferas da vida.

A proposta didáctica está enfocada ao alumnado de segundo ciclo da ESO e de Bacharelato. Concrétase en 8 propostas pedagóxicas, que mediante actividades e recursos busca transversalizar a temática nos diversos ámbitos da vida para que tamén se poida despregar como proceso integral que permita traballar competencias curriculares de diversas áreas, e non exclusivamente dende as áreas científicas.

Xunto coas propostas educativas desenvólvense consideracións metodolóxicas, co obxectivo de que poida ofrecer ferramentas e itinerarios diversos que impulsen estratexias dende a comunidade educativa ampliada como parte do proceso local e global que permita traballar competencias curriculares orientadas cara a transformación ecosocial, xusta, inclusiva e feminista.

Destacamos que para a elaboración da guía temos contado coa revisión e aportacións de Carmen Sala e José Antonio Antón, activistas de Entrepobles, así como docentes do Grupo de Traballo EduGlobalStem a través de Edualter. Tamén queremos destacar especialmente a implicación dende o inicio do proceso de mozos e mozas de Fridays For Future Barcelona. Este traballo colectivo permitiunos engadir solidez á proposta pedagóxica.

Neste proceso de construción colectiva estamos traballando actualmente nun complemento a esta unidade didáctica dirixida a profesionais docentes, que poremos en práctica do 5 ao 9 de xullo na Escola de Verán Rosa Sensat. Material complementario froito deste proceso e dende as aprendizajxes da súa posta en práctica, que incorporaremos, coas adaptacións que correspondan, a este material inicial.

A Unidade Didáctica Emerxencia Climática pódese descargar no espazo de publicaciones de la web de Entrepueblos e traballala en centros educativos de secundaria, educación de adultos, ciclos formativos, ámbitos de educación informal, colectivos, etc. Aborda unha serie de temáticas a través de propostas metodolóxicas, actividades e materiais complementarios, no caso de que se queira profundizar, que son adaptables ao espazo-tempo, así como ao público ao que nos imos dirixindo e acompañando (alumnado, profesorado, vinculados a movementos ou grupos climáticos e sociais, que traballen pola xustiza global: social, climática, ambiental, de coidados, …).

Do 22 de marzo ao 30 de abril Entrepobos e Edualter realizamos unha proba piloto, poñéndoa en práctica con alumnos e alumnas de cuarto de ESO do Instituto Quatre Cantons do barrio de Poble Nou en Barcelona, paralelamente á finalización da edición e maquetación da unidade didáctica.

Esta guía pedagóxica pretende colaborar nesta transformación cultural que debemos realizar como sociedade, e facémolo co firme convencemento de que a educación é das ferramentas con maior potencial. Coa modesta pretensión de que sexa de utilidade para facer unha abordaxe integral da temática nas aulas.

De maneira indirecta, tamén se pretende que un dos resultados de levar á aula o conxunto das actividades que propoñemos, sexa fortalecer o movemento xuvenil e do estudantado comprometido coa xustiza climática. Trátase claramente de fomentar a mobilización cara a acción, a asunción de compromisos individuais e o aumento da percepción de corresponsabilidade coa temática, tendo presente tanto o máis micro, a partir da propia cotiandade, como o macro a partir da comprensión das dinámicas globais, os acordos internacionais e os compromisos políticos existentes, para poder articular accións e incidencias contextualizadas e coherentes.

O posicionamento pedagóxico da proposta didáctica enmárcase nunha educación para a xustiza global, entendida dende enfoques da emancipación, os feminismos e a decolonialidade, convocando outros coñecementos e saberes, aqueles que se negaron dentro dos procesos académicos e dende a historia occidental

Por iso, ao longo do percorrido da guía priorízanse os “como” antes que os “que”, apostando por poñer a atención nos procesos. Preténdese abordar a temática dende a complexidade e non coa idea de transmitir un coñecemento na súa totalidad, senón dende as fendas, dende as dúbidas e dende as contradicións, asumíndose como seres emocionais e vulnerables, e poñendo conciencia na nosa existencia de ecodependencia e interdependencia.

En definitiva, abordamos a temática dende a perspectiva de xustiza climática; incorporando as miradas individual – sistémica, do norte e sur global, cuestionando o modelo socioeconómico, aportando alternativas.

Natàlia Riera, área de Educación de Entrepobos


Se queres contactar para maior información, asesoramento e/ou para que participemos nalgún proceso pódesnos escribir a:

  • Entrepobos → educacion@entrepueblos.org
  • Edualter → edualter@pangea.org