Feminismos
Outros
Documentales

Papiloma. As mulleres teñen que decidir

¿Por que se están vacunando as nenas dunha enfermidade, o cancro do colo do útero, das mulleres adultas? ¿Hai evidencias claras sobre a eficacia da vacina ou só a conxectura? Por que se negan os efectos colaterais graves? As nais e os pais están suficientemente informados dos riscos e beneficios da vacinación contra o VPH? Por que as institucións públicas de diferentes países teñen mostrado dúbidas?

Este documental “Papiloma. As mulleres teñen que decidir” foi posible grazas ao traballo comprometido das entidades que co-produciron este documental CAPS, SICOM e ENTREPOBOS.

As tres organizacións comparten un consenso básico no noso traballo en materia de saúde, comunicación e solidariedade: cómpre recoñecer ás mulleres como suxeitos activos da súa propia saúde e rexeitar a patoloxización das mulleres éa consecuente medicalización das súas vidas.

Papiloma. As mulleres que temos que decidir” é o resultado dun traballo de investigación sobre as vacinas contra o VPH que actualmente se administran amplamente. Participaron profesionais de saúde, investigadores científicos, activistas para a saúde pública, activistas feministas, asociacións de nais e pais, asociacións de persoas afectadas e xefes de institucións de saúde pública, entre outros. Todo co obxectivo de proporcionar unha reflexión crítica para que os cidadáns teñan todos os elementos a decidir.

Queremos que este documental sexa unha ferramenta educativa e de defensa para os diferentes sectores da comunidade educativa, a saúde, os medios de comunicación.

Ver documental en castelán:

Máis información no blog Nuestros cuerpos, nuestras vidas. Aportaciones feministas a la salud

Se desexa facer algunha proxección, contacte a educacion@entrepueblos.org