Modernidades contrahexemónicas. Pluralismo xurídico e sistemas normativos indíxenas contemporáneos
“O relato liberal da modernidade, cuestio- nado ao longo da súa historia dende dis- tintas -e antagónicas- frontes, segue hoxe vixente, aínda que, sen dúbida, non estea vivindo os seus mellores tempos. O tal relato basearíase nunha concepción evolutiva da humanidade: as sociedades transitan unha liña de progreso que explica a mellora das súas condicións de vida. Nesa liña, o lugar de vangarda ocuparíano as sociedades libe- rais, capaces de ter asentado un modelo de organización -social, económica, política- baseado na razón, a autonomía individual e a igualdade (formal) dos seus membros.
Dito plan, o da modernidade liberal, topou coa resistente teimosía de numero- sos pobos indíxenas ao longo e ancho do planeta. Esa teimosa resistencia, e as loi- tas que a foron tecendo, indubidablemente emerxeu do sentimento do alleo, a radical diferenza que ofrecen as premisas do modelo liberal-capitalista respecto das que guiaron o percorrido de tales pobos. Así, estraña a separación entre ser humano e natureza, o antropocentrismo a ultranza e o carácter instrumental do resto de seres e entes na- turais; estraña igualmente a insistencia no individualismo, e en nocións abstractas de relación, como o son a igualdade e a liber- dade meramente formais.
Pero tamén a cotío a resistencia explíca- se polo evidente incumprimento das prome- sas de dita modernidade. Lonxe de supoñer unha mellora ostensible nas condicións de vida, a chegada do modelo liberal capita- lista supuxo, na meirande parte de casos, un sistemático despoxo de territorios e de recursos e un debilitamento dos lazos colec- tivos que implicou tamén un aumento da súa fraxilidade como individuos, crúamente expostos aol terreo das violencias privadas e estatais.
Fronte a unha modernidade curtopra- cista e abismalmente asimétrica, os pobos indíxenas veñen construíndo unha subxec- tividade política disidente, anticolonial e creadora doutras modernidades, outras contemporaneidades.”
Fragmento do prólogo de Marco Aparicio
O presente libro fíxase nunha das expresións desa outra modernidade, a do dereito ao propio Dereito, ás propias formas de organización colectiva. Pero non queremos preguntarnos como debería ser a acomodación da diver- sidade, senón repensar de raíz o xeito en que nos configu- ramos socialmente. A diferenza e o conflito como fonte de inquedanza e de dúbida; a dúbida e a inquedanza como fonte de transformación.
As distintas contribucións que integran este traballo, compilado por Marco Aparicio Wilhelmi, apórtannos un coñecemento situado, vivido. Son reflexións comparti- das que percorren realidades da pluralidade das Américas (Colombia, Guatemala, Ecuador e México), amosando di- ferenzas, conflitos e dúbidas que mobilizan un pensamen- to preñado de impugnación creativa:
- O dereito aos sistemas normativos indíxenas no marco do pluralismo xurídico, por Asier Martínez de
- O paso suspendido da Pobos indíxenas, proceso de paz e xustiza transicional en Colombia, por Andrée Viana Barcés.
- Etnocentrismos e desigualdades no desenvolvemento das xustizas indíxenas. O caso de Ecuador e o pobo shuar, por Raúl Márquez
- Pluralismo xurídico en Guatemala: pola necesidade de nomear a dimensión invisible da xustiza, por Mónica Mazariegos
- A xustiza tzeltal en Chiapas, México; o regreso do cora- zón e a defensa da harmonía, por Lola
- Empoderamento indíxena ou instrumentalización es- tatal? A oficialización das xustizas indíxenas en Michoa- cán, por Orlando Aragón
- Dereito e xustiza ñuú Principais características do sistema xurídico do pobo mixteco, por Francisco López Bárcenas.
Tal como sinala Marco Aparicio na súa presentación “As reivindicacións dos pobos indíxenas tiveron que
adaptarse á linguaxe da hexemonía liberal, dunha concreta con- cepción da política e do Dereito. Nesa adaptación foise transi- tando por aspectos segmentados da libre conformación como pobos. Así, reclamouse o dereito á terra, ao territorio, ao acceso aos recursos naturais, á consulta previa, libre e informada, ás formas propias de organización e de decisión -o dereito ao pro- pio Dereito. Esas parcialidades da libre determinación emerxeron fronte a ameazas concretas exercidas por poderes privados, e polo Estado (…) No seu conxunto, a autodeterminación política viuse afogada no mar da uniformidade individualizadora, onde o colectivo só pode conterse e representarse a través do Estado ou, todo o máis, a través de formas políticas sub-estatais infra- ordenadas”.
Neste marco as reflexións que se propoñen nesta publicación teñen como obxectivo mover a comprensión das reivindicacións dos pobos indíxenas cara a posicións que expresen o conflito, pero que sexan capaces de albergar ao mesmo tempo o diálogo, a negociación, o acordo.
Este libro é froito da colaboración de Entrepobos e o Obser- vatori DESC que, no marco do proxecto “As mulleres indíxenas e campesiñas protagonistas na construción do Estado plurina- cional a través da defensa e promoción dos dereitos colectivos e das mulleres indíxenas en Ecuador”, co apoio da Agencia Catalana de Cooperació al Desenvolupament, colaboramos co movemento indíxena deste país andino, segundo a súa propia estratexia de fortalecemento organizativo e capacidade de in- cidencia.
Dentro desta estratexia de cooperación co movemento in- díxena ecuatoriano, destacamos especialmente a organización das mulleres indíxenas para a súa participación política –tanto no interno, como na representación externa do movemento–, a incidencia política para a defensa dos seus dereitos, e o for- talecemento da xustiza indíxena, recoñecida formalmente pola Constitución ecuatoriana, pero aínda lonxe de estar consolida- da na práctica. E especialmente prioriza o desenvolvemento do enfoque de xénero nas instancias e os procedementos desta xustiza indíxena.
Froito deste proceso quixemos promover esta pu- blicación que recolle voces distintas en torno á Xusti- za Indíxena en diversas rexións de Abya Yala e dende diferentes enfoques, aportando unha actualización dos diversos debates existentes, feita dende dentro do mo- vemento, e achegándonos a outra expresión teórica e práctica da legalidade, non suficientemente coñecida que nos axuda a relativizar os nosos conceptos e categorías euro- céntricas, e nos adentra no coñecemento e o recoñecemento do pluralismo xurídico, tal como sinala Marco Aparicio na súa presentación.