A Rede da Vida: Historias de resistencia en defensa dos nosos corpos e territorios

“Ser defensoras do territorio corpo-terra transportounos a outra dimensión que cambiaría as nosas vidas de maneira permanente”, Lorena Kab´nal
.
.
FICHA TÉCNICA
ο DURACIÓN: 68 minutos
ο PAÍS DE PRODUCCIÓN: España, Perú, Guatemala
ο CATEGORÍA: Documental
ο FECHA DE PRODUCCIÓN: 2019-2020
Un documental de:
ο Entrepueblos Entrepobles Entrepobos Herriarte
Antonia, Lolita, María, Vivian, Paula, Delia, son os nomes dalgunhas das mulleres que dende Perú, Guatemala e o estado español, protagonizan experiencias de loita en defensa da vida.
A Rede da Vida é un documental que entretece as súas historias e os seus testemuños. Mulleres que en diferentes territorios do mundo, poñen o seu corpo en defensa do dereito a unha vivenda digna, á auga e aos bens comúns, á mobilidade humana, á liberdade de expresión.
Fronte ao despoxo e a privatización dos bens comúns, o extractivismo, a xentrificación e o patriarcado, que violentan as súas vidas, os seus corpos e a súa contorna, as diferentes experiencias de resistencia dialogan entre sí, construíndo un fío común de esperanza. Á súa vez, déixannos unha poderosa mensaxe: debemos coidarnos e sandarnos individual e colectivamente, porque “cando sandas ti, sando eu, cando sando eu, sandas ti”.
Tamén nos fan unha chamada a adherirse a todas as loitas das mulleres na súa diversidade. Recoñecéndonos diversas, si, pero sabendo que temos axendas comúns que nos conforman, que dan sentido ás nosas vidas. A Rede da Vida interpélanos para que esteamos alerta e na defensa dos nosos dereitos, articuladas nas nosas diversidades e nas nosas diferenzas, pero nunha soa fronte, para que estes fundamentalismos relixiosos, económicos, este sistema colonial non siga sometendo os nosos corpos, non siga contralando territorios. E para iso temos que estar organizadas, unidas, e con ganas de defender os nosos corpos e territorios con afecto, con alegría e con esperanza.
Nun contexto no que a crise sistémica nos atravesa, pondo en evidencia o que realmente é esencial para a vida, o rol das mulleres na historia e as súas propostas de transformación, constitúen un aporte imprescindible para construír alternativas que poñan os dereitos e as necesidades das persoas como obxectivo central para conseguir unha vida digna de ser vivida por quen habitamos este planeta.
→ https://www.entrepobos.org/publicaciones/la-red-de-la-vida/