Unha montaña {zapatista} en alta mar

O comunicado do Exército Zapatista de Liberación Nacional, intitulado “Unha montaña en alta mar”, pódese ler en: http://enlacezapatista.ezln.org.mx/2020/10/05/sexta-parte-unamontana-en-altamar/

Dado a coñecer polo seu voceiro, o Subcomandante Moisés, o 5 de outubro pasado, contén reflexións de longo alcance sobre a realidade nacional e mundial, así como o anuncio dunha vindeira saída de delegacións zapatistas polos cinco continentes, empezando por Europa, e planeando chegar a Madrid, a capital española, o 13 de agosto do 2021, “500 anos despois da suposta conquista do que hoxe é México.”

Nese mundo que os maias zapatistas observan “enfermo e fragmentado en millóns de persoas, empeñadas na súa supervivencia individual, pero unidas baixo a opresión dun sistema que vai en contra da existencia do planeta Terra”, coa “natureza ferida de morte, e que, na súa agonía, advirte á humanidade de que o peor está aínda por vir”, as súas delegacións irán a atopar, sosteñen, “o que os fai iguais.”

Queren, especificamente, falar co pobo español: “Non para ameazar, reprochar, insultar ou esixir. Non para demandarlle que nos pida perdón. Non para servilos nin para servirnos. Iremos dicirlle ao pobo de España dúas cousas sinxelas: Unha: Que non nos conquistaron. Que seguimos en resistencia e rebeldía. Dúas: Que non teñen por qué pedir que lles perdoemos nada. Xa basta de xogar co pasado distante para xustificar, con demagoxia e hipocrisía, os crimes actuais e en curso, como o irmán Samir Flores Soberanes; os xenocidios agochados detrás de megaproxectos, concebidos e realizados para contento do poderoso –o mesmo que flaxela todos os recunchos do planeta; o alento monetario e de impunidade para os paramilitares; a compra de conciencias e dignidades por 30 moedas.

Quieren, específicamente, hablar con los pueblos del estado español: “No para amenazar, reprochar, insultar o exigir. No para demandarle que nos pida perdón. No para servirles ni para servirnos. Iremos a decir dos cosas sencillas: Uno: Que no nos conquistaron. Que seguimos en resistencia y rebeldía. Dos: Que no tienen por qué pedir que los perdonemos nada. Ya basta de jugar con el pasado lejano para justificar, con demagogia e hipocresía, los crímenes actuales y en curso, como el del hermano Samir Flores Soberanes; los genocidios escondidos detrás de megaproyectos, concebidos y realizados para contento del poderoso –el mismo que flagela todos los rincones del planeta; el aliento monetario y de impunidad para los paramilitares; la compra de conciencias y dignidades por 30 monedas.”

” Perante as manipulacións da historia dende o poder presidencial, fanse patentes as críticas severas do zapatismo ao que considera “nacionalismo trasnoitado”, que “quere sementar o rancor racial (…) co suposto esplendor dun imperio, o azteca, que medrou a costa do sangue dos seus semellantes, e que nos quere convencer de que, coa caída dese imperio, os pobos orixinarios destas terras fomos derrotados. Nin o Estado Español nin a Igrexa Católica teñen que pedirnos perdón de nada. Non nos faremos eco dos farsantes que se asentan sobre o noso sangue e así agochan que teñen as mans manchadas dese sangue.”

Sinalan que os poderosos se ocultan e repregan nos chamados Estados Nacionais e os seus muros. “E, nese imposible salto cara atrás, reviven nacionalismos fascistas, chauvinismos ridículos e unha chea de leriantes enxordecedores”, e, neste punto, advirten de guerras por chegar, “as que se alimentan de historias falsas, ocas, mentideiras e que traducen nacionalidades e razas en supremacías que se imporán pola vía da morte e destrución.”

E nesa escuridade e confusión que precede a esas guerras, o zapatismo denuncia “o ataque, asedio e persecución de calquera asomo de creatividade, intelixencia e racionalidade. Fronte ao pensamento crítico, os poderosos demandan, esixen e impoñen os seus fanatismos.”

Esta afouta iniciativa de viaxe planetaria correspóndese coa súa persistente vontade política de romper os valos que o Estado mexicano impuxo ao EZLN nas múltiples frontes da guerra contrainsurxente –militar, paramilitar, mediático, redes sociais, programas clientelares, campañas difamatorias delirantes–, ben sexa coa histórica multiplicación de cinco a 12 Xuntas de Bo Goberno, que tivo lugar no 2019; as reunións internacionais de miles de mulleres de máis de 40 países nos seus territorios, en 2018 e 2019; o seminario sobre o pensamento crítico fronte á hidra capitalista, no que se convocou á formación do intelectual colectivo que require a loita dos pobos, en 2015; os cursos da “Escuelita”, en 2013, na que compartiron o seu proceso autonómico; as marchas multitudinarias polas cabeceiras municipais en 2012, con motivo da “fin do mundo”; e os seus percorridos, xa memorables, polo país, como as dos 1111, en 1997, ou a Marcha da Cor da Terra de 2001, o Encontro Intergaláctico de 1996, a primeira reunión contra o neoliberalismo no ámbito mundial, despois da implosión da URSS e o suposto “fin da historia”.

Ese infundio dun movemento illado, esencialista, corporativo, propalado polos servizos de intelixencia do Estado mexicano e os seus voceiros nos medios de comunicación de pago, e que agora retoman os defensores a ultranza da 4 T, non ten ningún viso de credibilidade ou sustento.

Fronte a neoliberais e neoconservadores, o EZLN representa a conciencia crítica do país, invisibilizada por uns e por outros. Porén, a súa mensaxe de resistencia, rebeldía e vida atopará, sen dúbida, oídos receptivos, nese mundo novo que se construirá dende abaixo.

Gilberto López y Rivas

Boletín 74: Activistas pola vida

 

#ViajeZapatistaPorLaVida